É Licenciada en Ciencias Empresariais e realiza un Post-Grao en Pemes e Cooperativas.
Socia da cooperativa 50pés consultoras S. Coop. Galega, consultora na que é socia e responsable de finanzas, xestión, comercial e márketing, servizos de asesoramento e formación. Ademais é experta en tradución e facilitación económica.
Conta con experiencia profesional de máis de 13 anos no ámbito de economía, administración de empresas, xestión económica e burocrática, asesoramento fiscal e contable, xestión de recursos humanos, acompañamento a procesos empresariais, mentorización, e docencia.
Destaca a súa vinculación e experiencia na economía social e o cooperativismo como socia fundadora de Zocamiñoca S. Coop. Galega, socia de Fiare Banca Ética, REAS Galicia; socia fundadora de Asociación de Estudos Laborais Feministas (Aselafem), ou EspazoCoop.